• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello mellora a rede de saneamento na parroquia de Cabovilaño

09/09/2020

O Concello da Laracha promove e financia integramente o proxecto de mellora da rede de saneamento na parroquia de Cabovilaño que se está a executar actualmente.

A actuación localízase no lugar de O Vilar e ten por finalidade a instalación dunha estación de bombeo que derivará as augas residuais da zona (procedentes dos núcleos de Nogán, O Cuartel, O Igrexario e O Vilar) á rede que está conectada coa depuradora de O Chamusco.

Deste xeito mellorarase o tratamento das augas residuais eliminando a antiga fosa séptica existente no lugar da intervención e facendo máis segura a rede de sumidoiros neste entorno.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o edil de Obras, Jesús Souto, desprazáronse ata O Vilar para interesarse polo avance dos traballos, nos que o Concello inviste 40.000 euros.