• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello eliminará os plumachos dos espazos de dominio público e tamén en terreos privados con autorización dos propietarios

14/09/2020

Os plumachos, tamén coñecidos como herba da Pampa (o nome científico é cortaderia selloana), é unha especie botánica invasora procedente de Sudamérica que se estende con facilidade nas zonas próximas á costa galega.

No Concello da Laracha a presenza dos plumachos non é elevada, pero detectáronse matas desta planta en determinados espazos de dominio público e tamén en terreos particulares que é preciso eliminar para evitar a súa expansión.

As cuadrillas medioambientais municipais actuarán durante os próximos días na retirada dos plumachos localizados en espazos de dominio público. Así mesmo, tamén realizarán esas mesmas actuacións en terreos privados sempre que o autoricen os propietarios.

Neste sentido, solicítase a colaboración cidadá para informar ao Concello sobre a localización de plumachos para proceder á súa eliminación.