• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

Ethel Vázquez aborda coa alcade da Laracha os proxectos das dúas sendas que a Xunta construirá na estrada AC-552

22/06/2016

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, trasladoulle durante unha reunión de traballo ao alcalde da Laracha, José Manuel López, que a Xunta de Galicia construirá dúas sendas na estrada A Coruña-Cee (AC-552), que unirán as localidades de Paiosaco, A Laracha e o Cancelo.

Os proxectos construtivos das dúas actuacións estarán redactados este verán, o que permitirá poder licitar as obras este mesmo ano e os veciños da Laracha poderán dispoñer, canto antes, de sendas seguras, sostibles e integradas na paisaxe que empregarán nos seus desprazamentos habituais. 

Vázquez destacou que “estas actuacións mellorarán a mobilidade dos veciños e incrementará a seguridade viaria neste municipio”, e informou de que foron consideradas prioritarias dentro da primeira fase do Plan de Sendas de Galicia que xa se está a desenvolver en sete comarcas galegas, entre a de Bergantiños. 

Durante esta xuntanza, a conselleira presentou a proposta de proxecto elaborada polos técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) para a construción da senda que une A Laracha e Paiosaco, un itinerario de uso compartido, peonil e ciclista, de máis de 1,5 quilómetros de lonxitude, proxectado pola marxe esquerda da estrada. 

O camiño dará continuidade ás beirarrúas xa existentes entre os núcleos de Paiosaco e A Laracha, comunicando as zonas onde se concentran os principais equipamentos; e no que a Xunta ten previsto investir máis de 700.000 €.

Compartir: