• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

A Consellería do Medio Rural mellorará a estrada do núcleo de Requesende

05/09/2020

Na última sesión da Xunta de Goberno Local acordouse remitir á Xunta de Galicia toda a documentación necesaria para completar os trámites administrativos previos á execución do proxecto de acondicionamento e mellora da capa de rodadura da estrada de Requesende, na parroquia de Golmar.

A actuación será desenvolvida e financiado integramente pola Consellería do Medio Rural xa que, por solicitude do Concello da Laracha, foi incluída no Plan de Infraestruturas Rurais 2020.

O proxecto contempla a mellora da superficie de circulación dos vehículos coa aplicación dunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente e tamén o acondicionamento dos sobreanchos existentes a consecuencia da realización de diversos peches de parcelas. O investimento superará os 48.000 euros.

Salientar, tamén, que na Xunta de Goberno Local foron concedidas dúas licencias urbanísticas, sendo unha delas de primeira ocupación e, a outra, para a construción dunha vivenda unifamiliar.