• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello realiza labores de mantemento na zona de xogo dos campos de fútbol da Laracha e de Paiosaco

02/09/2020

O Concello da Laracha realizou ao longo do día de onte as actuacións oportunas de posta a punto da zona de xogo dos dous campos de fútbol de céspede artificial: o Municipal da Laracha e A Porta Santa de Paiosaco.

Os traballos, acometidos con medios mecánicos, consistiron na limpeza e cepillado da superficie do terreo de xogo, a descompactación dos recheos, eliminación de vexetación herbácea, revisión de canaletas en liñas de xogo e xuntas. Estes labores favorecer a conservación da superficie do céspede artificial e aumentan a súa vida útil.

Deste xeito o Concello actuou para ter en perfectas condicións ambos campos de fútbol e poñelos a disposición dos clubs federados do municipio no momento no que se autorice desde as autoridades sanitarias competentes o regreso da actividade tanto dos equipos sénior como das categorías de base.

A U.D. Paiosaco realiza o adestramentos e xoga os seus partidos como local no campo A Porta Santa, mentres que o fan no campo Municipal da Laracha tanto o Laracha C.F. como o Club do Mar de Caión.