• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

A oficina de información turística de Caión reabre o 5 de agosto

04/08/2020

A partir do mércores 5 de agosto o Concello da Laracha volverá prestar servizo de información turística na oficina situada na antiga casa reitoral de Caión. Persoal técnico especializado na materia estará a disposición dos usuarios para informar sobre os principais atractivos turísticos do noso municipio e tamén doutros puntos da Costa da Morte e de Galicia.

O horario de apertura ao público será de martes a sábado de 10:00 a 14:00 horas pola mañá e de 15:00 a 19:00 horas pola tarde.

A oficina de información turística funcionará en Caión durante os meses de agosto e setembro. Despois da temporada de verán reubicarase na capital municipal.