• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

En marcha as obras de mellora da rede viaria en estradas da parroquia de Cabovilaño

15/07/2020

Xa están en marcha as obras de mellora da rede viaria en estradas da parroquia de Cabovilaño.

O proxecto contempla dúas intervencións diferenciadas. Unha delas afecta á vía que comunica os núcleos de A Braña e A Teixoeira pasando por A Cacharra. Ademais da mellora do firme, serán acondicionados os sobreanchos. A outra actuación centrarase na mellora do pavimento da estrada no lugar de Os Mouriños, na que tamén se renovará a capa de rodadura. Ambas intervencións estanse a executar de xeito simultáneo.

O orzamento deste proxecto ascende a 57.000 euros, que serán investidos na mellora dos accesos rodados cara eses núcleos de poboación rural e no aumento da seguridade viaria, cuestións prioritarias na axenda do goberno municipal.