• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello prestará servizo de asesoramento catastral no segundo e cuarto mércores de cada mes

04/07/2020

O Concello establecerá no edificio de usos administrativos da Laracha (Avenida Fisterra, 60) un servizo de asesoramento catastral que estará operativo o segundo e o cuarto mércores de cada mes. O seu primeiro día de atención ao público será o mércores da próxima semana, día 8 de xullo.

A través deste servizo, un técnico especializado ofrecerá asistencia presencial e gratuíta á cidadanía larachesa en xestións como:

  • Facilitar información catastral.
  • Tramitar cambios de nome ante catastro.
  • Recepción e comprobación formal da documentación.
  • Xeración de modelos oficiais e expedientes.
  • Asistencia na cubrición de documentos.
  • Asesoramento e información sobre a subsanación de discrepancias.
  • Rexistro de expedientes en papel para xerar o expediente electrónico.
  • Asesoramiento nos trámites intermedios dos expedientes catastrais.
  • Seguimiento técnico dos expedientes presentados ata a súa resolución

Coa posta en marcha deste servizo o Concello pretende ofrecer á cidadanía asesoramento profesional en materia catastral dirixido a resolver dúbidas, problemas e preocupacións, así como obter información actualizada, accesible, cómoda e comprensible sen necesidade de desprazarse fóra do termo municipal.

Do mesmo xeito que sucede con calquera trámite que se desexe realizar presencialmente no edificio administrativo e na Casa do Concello, os usuarios do servizo de asesoramento catastral deben solicitar cita previa chamando ao 981612811.