Concello
O Concello mellora tres estradas do núcleo urbano da Laracha
24/06/2020
Nesta semana concluirá a execución do proxecto de mellora de tres rúas no núcleo urbano da Laracha.
O Concello promove esta actuación, a través da que se está a renovar o pavimento nas rúas Arxentina, Santiago e Avenida Bos Aires.
O proxecto inclúe a nova pavimentación dunha superficie total de 6.500 metros cadrados, incluíndo o ámbito de circulación das tres vías e tamén os espazos de aparcamento de vehículos. Completaranse os traballos coa sinalización horizontal e vertical.
A actuación está valorada en máis de 95.000 euros.

