• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello renova a marquesiña do centro sociocultural de Paiosaco

23/06/2020

O centro sociocultural de Paiosaco está a ser obxecto dunha intervención consistente na renovación da marquesiña existente na parte posterior do inmoble e que fai a función de cuberta no acceso exterior e independente ao salón de actos.

Os traballos de carpintería metálica que se están a executar teñen por finalidade reparar os danos que presentaba a infraestrutura tras levar anos exposta ás inclemencias do tempo (vento, choiva, etc.), eliminar as humidades e dotala cun material máis resistente. Ademais, será instalado un peche metálico.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro responsable da área de obras públicas, Jesús Souto, coñeceron en primeira persoa o avance nas obras nunha visita ao lugar das actuacións.

O centro sociocultural de Paiosaco, situado na rúa A Porta Santa, é a infraestrutura municipal de referencia nesa vila ao albergar a biblioteca, o centro social da terceira idade, aulas multiusos e un salón de actos. Ademais das obras que se están a realizar na marquesiña, a partir do mes de xullo será obxecto doutra intervención, neste caso a cargo da especialidade de pintura industrial do Obradoiro de Emprego A Laracha V.