• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O alcalde recolle a Bandeira Azul da praia de Caión e os distintivos do Sendeiro de Saldoiro e Museo de Golmar

22/06/2020

O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, acompañado polo tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e a concelleira responsable da área de Turismo, Patricia Bello, recolleu hoxe de mans da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, a bandeira azul que lucirá na praia de Caión neste verán, así como o distintivo de sendeiro azul do Sendeiro de Saldoiro (tamén en Caión) e o de centro azul de educación ambiental ao Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte (Golmar).

O acto celebrouse no Concello de Laxe.