Concello
O Concello renova o pavimento da estrada entre Gabenlle e Cillobre por Os Castros
31/05/2020
O Concello da Laracha ten en fase de execución as obras de renovación do pavimento da estrada que comunica Gabenlle con Cillobre por Os Castro. Con estes traballos melloraranse as comunicacións rodadas nesa zona da parroquia de Torás próxima ao núcleo urbano da Laracha e que tamén dá acceso ao depósito de auga.
Esta actuación forma parte do proxecto que, ademais, contempla melloras no pavimento das estradas nos núcleos de A Barreira, Riotorto e Os Castros, obras que xa están rematadas.
O Concello da Laracha está a aproveitar as condicións climatolóxicas favorables dos últimos días para avanzar na execución de obras destas características na rede viaria.
Neste proxecto invístense en total máis de 72.000 euros.