Concello
O concello reabre ao público a área recreativa de Gabenlle
26/05/2020
De acordo coa orde SND/442/2020 do Ministerio de Sanidad para a flexibilización de determinadas restricións en aplicación da fase 2 do Plan para a transición cara unha nova normalidade, o Concello da Laracha reabre ao público á área recreativa de Gabenlle o mércores 27 de maio. Permitirase o acceso ao recinto, pero non poderán empregarse nin os parques infantís nin o circuíto biosaudable.
En todos os accesos á área recreativa de Gabenlle, e tamén nos da praia de Caión –na que o baño e tomar o sol está permitido desde onte luns-, o Concello colocou carteis informativos sobre as principais medidas de seguridade de obrigatorio cumprimento (hixiene das mans, evitar a práctica de deportes colectivos, respectar o perímetro de seguridade de dous metros e non poder xuntarse grupos de máis de quince persoas).
Por outra banda, o Concello lembra que continúa prohibido o acceso a todos os parques infantís, circuítos biosaudables e pistas polideportivas descubertas en todo o termo municipal. Ditas infraestruturas públicas permanecen precintadas pola Policía Local.