• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

As obras de mellora das estradas nos núcleos de A Gándara, A Pedreira e Santa Baia, na fase final de execución

22/05/2020

A execución dos proxectos de mellora da rede viaria nos núcleos de A Gándara (parroquia de Torás), A Pedreira (Caión) e Santa Baia (Soandres) entrou na súa fase final.

Nos tres puntos de intervención xa se realizou a renovación do pavimento. En total dotouse cunha nova capa de aglomerado asfáltico en quente, que facilitará a circulación dos vehículos, a unha lonxitude lineal próxima aos mil metros.

As obras concluirán nos próximos días co pintado das marcas viarias tanto en A Gándara como en A Pedreira.

Este proxecto está valorado en preto de 88.000 euros.