Concello
O Concello renova o pavimento do vestiario masculino do complexo deportivo da piscina municipal
15/05/2020
Aproveitando o peche temporal do complexo deportivo da piscina municipal da Laracha, o Concello está a desenvolver o proxecto de renovación do pavimento no vestiario masculino desa instalación.
A actuación consiste na substitución en toda a sala (vestiarios e duchas) do pavimento de vinilo anterior, acometendo a nivelación do solo existente, realizando a impermeabilización e colocando o novo acabado de plaqueta cerámica antideslizante.
O proxecto supón un investimento superior aos 15.000 euros a financiar integramente con fondos propios municipais.

