• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O domingo reabrirase a feira de Paiosaco con venda de alimentos e produtos do campo

12/05/2020

A actividade comercial regresará este domingo ao recinto feiral de Paiosaco. Farase cos condicionantes para a reapertura ao público recollidos na orde SND/399/2020 do Ministerio de Sanidad (BOE número 130 do 9 de maio) para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional establecidas trala declaración do estado de alarma en aplicación da fase 1 do Plan para a transición cara unha nova normalidade.

Durante esa xornada permitirase exclusivamente a venda de produtos do campo e de alimentos, sendo necesario que os vendedores reserven previamente o espazo para o seu posto chamando ao 981605001 entre o mércores e o venres en horario de 10:00 a 14:00 horas.

En todo caso a instalación dos postos de venda farase entre as 8:00 e as 9:30 horas do domingo baixo a supervisión da Policía Local e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil para garantir o cumprimento das medidas de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias competentes.