• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

A partir do luns 11 de maio recupérase a atención presencial con cita previa no Concello e no edificio administrativo

09/05/2020

Desde o luns 11 de maio na Casa do Concello e no edificio administrativo da Laracha recuperarse a atención presencial á cidadanía con cita previa. Farase cumprindo con todas as medidas de prevención establecidas polas autoridades sanitarias.

O horario será de 10:00 a 14:00 horas de luns a venres.

Para reservar cita debe chamarse a partir do luns aos seguintes número de teléfono dependendo do departamento para a que se solicita.

 

Casa do Concello (981605001)

  • Oficinas xerais.
  • Servizos económicos.
  • Alcaldía.
  • Urbanismo.
  • Medio ambiente.
  • Cultura e Deportes .

 

Edificio administrativo (981612811)

  • Servizos sociais.
  • Emprego.
  • Centro de Información ás Mulleres (CIM).
  • Policía Local.