• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Concedida a licenza de obra para a construción dunha nave industrial no parque empresarial

01/05/2020

No Concello da Laracha celebrouse a primeira reunión presencial da Xunta de Goberno Local desde a entrada en vigor do estado de alarma.

O único punto a tratar na xuntanza foi conceder a licenza urbanística solicitada por unha empresa para construír unha nave industrial no ámbito do polígono.

O novo edificio terá forma rectangular (20x45 metros), contará con dúas plantas sobre rasante e destinarase a almacenamento textil. Levantarase nunha parcela de 1.200 metros cadrados de superficie.

Novo aparcamento no parque empresarial

Por outra banda, comeza a tomar forma o novo aparcamento público que Inditex está a construír no polígono industrial. Trátase da actuación contemplada no convenio urbanístico entre a citada empresa e o Concello da Laracha para a execución do plan relativo á permuta duns 10.500 metros cadrados de terreos.

Previamente o Concello cedera a Inditex a parcela do aparcamento público para facilitar o desenvolvemento do proxecto de creación da súa planta no polígono industrial, recibindo por parte da empresa en contraprestación parcelas de superficie e características equivalentes que agora están a ser acondicionadas.