• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Conclúe a execución do proxecto de mellora do recinto feiral de Paiosaco

22/04/2020

Continúan avanzando as obras de mellora de infraestruturas públicas que están en marcha no Concello da Laracha.

O proxecto en execución na zona de produtos do campo do recinto feiral de Paiosaco está prácticamente rematado. Despois de realizarse a pavimentación con aglomerado asfáltico en quente dunha superficie de seis mil metros cadrados, nos últimos días realizouse o pintado tanto dos pasillos como dos postos de venda e soamente resta por marcar a numeración de ditos postos para dar por rematadas as actuacións previstas.

A actuación ten por obxectivo potenciar a feira de Paiosaco ao facilitar a actividade tanto dos vendedores como dos compradores e visitantes ao mellorarse as condicións do firme e favorecer a circulación das persoas polas zonas marcadas.

O Concello, que promove e financia integramente a actuación, inviste 50.000 euros na execución deste proxecto.