• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

O GOBERNO LOCAL PROPORÁ DESTINAR OS FONDOS DO POS E DO PAS Á MELLORA DA REDE VIARIA EN 50 NÚCLEOS DE POBOACIÓN RURAL

30/11/2015

O goberno local da Laracha está a ultimar a súa proposta para destinar o fondos que lle corresponden ao noso Concello da anualidade 2016 do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos de competencia municipal (POS) e do Plan de Acción Social (PAS), programas promovidos pola Deputación da Coruña.   

O Concello da Laracha percibirá con cargo ao POS 350.425,75 euros, dos cales o cincuenta preténdense destinar a investimentos en infraestruturas de titularidade municipal e a metade restante, a gasto corrente. A asignación do PAS alcanza os 477.853,31 euros, que neste caso se destinarían integramente ao financiamento de proxectos de investimento.   

As actuacións que o goberno local pretende acometer con cargo a ambos plans centraríanse na mellora da rede viaria municipal en estradas rurais, afectando os proxectos deseñados a cincuenta núcleos de poboación de doce parroquias diferentes. En concreto as obras prostas afectan a:   

Cabovilaño: acceso a A Forxa e estrada en Nogán. 

Caión: A Pedreira. 

Coiro: Accesos a A Pedra, O Rapadoiro, O Igrexario e ao cemiterio e estradas de A Ferrulleira, Merelle, As Meneiroas e O Alto. 

Erboedo: Accesos a A Fraga e Godón e estrada en San Paio. 

Golmar: Acceso a As Orxeiras e estradas en Folgueiros, A Pedra, San Cristovo, As Talladas e A Fonteseca. 

Lemaio: Acceso a Villaviciosa, núcleos de Tuixe, A Teixoeira, A Fontaíña, Proame e Quenxe e vía de Oldán a A Estrada. 

Lendo e Cabovilaño: estrada A Xesteira-O Castro. 

Montemaior: Acceso a Ramiscal, núcleo de As Cernadas e estradas en San Fins e O Cebro. 

Soandres: Acceso a Compañeiro, núcleo de Vista Alegre e estradas en Condesuso, Paradela, Vilariño, O Pazo e O Corgo. 

Soutullo: estrada Novás-O Igrexario. 

Torás: Estradas en A Gándara e vía da CP-1913 a Ponte Martín. 

Vilaño: Núcleos de Os Meáns e Os Canedos, estrada en As Avieiras e vías Amboade-Ferreiros e Amboade-A Fraga.

Esta proposta do grupo de goberno local será sometida ao ditame da Comisión Informativa correspondente antes de ser elevada ao Pleno

Compartir: