• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello distribuirá nos domicilios de todo o municipio 18.000 mascarillas e outros tantos pares de guantes

14/04/2020

O Concello da Laracha completou as xestións para adquirir 18.000 mascarillas cirúrxicas homologadas e outros tantos pares de guantes de protección, material que será distribuido a domicilio en todas as vivendas habitadas do termo municipal.

O reparto porta a porta iniciarase nesta semana e será realizado por membros de Protección Civil e voluntarios que colaborarán na loxística.

Deste xeito o Concello da Laracha actúa para cooperar na prevención de contaxios garantindo que todos os veciños, especialmente aqueles que deben acudir a lugares nos que non é posible respectar as distancias de seguridade, poidan dispoñer deste material de protección.

A iniciativa levarase a cabo despois de que o Ministerio de Sanidade anunciase o pasado venres 10 de abril a recomendación de empregar as mascarillas en puntos de aglomeración para complementar medidas preventivas como o distanciamento social, a hixiene das mans e evitar o contacto coa cara, nariz, ollos e boca.