• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O novo decreto paraliza obras e servizos no termo municipal da laracha

30/03/2020

Trala publicación no Boletín Oficial do Estado (BOE) a pasada noite do Real Decreto-lei que suspende servizos non esenciais, o Concello da Laracha anuncia a paralización de obras, actuacións e servicios que se estaban a desenvolver no termo municipal.

Así, aprázase o desenvolvemento dos proxectos de mellora da eficiencia enerxética consistentes na substitución das lámpadas do alumeado público e da iluminación en infraestruturas e edificios municipais. Non obstante, continuarase a realizar os labores de mantemento neste servizo, polo que se algún veciño detecta unha avaría ou foco fundido, pode poñerse en contacto co Concello para que se proceda á súa reparación.

Tamén deixan de realizarse desde hoxe os traballos de xardinería, conservación e mantemento de zonas verdes públicas.

En canto ás obras en infraestruturas municipais, paralízase a construción do centro comunitario de Caión, o proxecto de mellora da zona de produtos do campo do recinto feiral de Paiosaco e as seguintes actuacións na rede viaria municipal:

  • Parroquia de Vilaño: núcleo de Marfulo e estradas A Areosa-As Cruces, Amboade-Vista Alegre e Amboade-A Ribela.
  • Parroquia de Lestón: estrada A Rabadeira-Lestón.
  • Parroquia de Torás: rúas Gándara, María Mariño e Urbano Lugrís do núcleo urbano da Laracha, estrada Cillobre-Gabenlle pola zona dos Castros e vías Riotorto-A Barreira e Mirón-A Cachada.
  • Parroquia de Caión: núcleo de A Pedreira e estrada de acceso á praia.
  • Parroquia de Soandres: núcleo de Santa Baia e estrada O Priorato-A Brea.
  • Parroquia de Coiro: estrada Coirón-Maseo.
  • Parroquia de Lemaio: estrada O Igrexario-O Cruceiro.