• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

Sorteadas as mesas electorais para os comicios do día 5 de abril

09/03/2020

Hoxe tivo lugar o Pleno extraordinario no que foron sorteadas as mesas electorais para os comicios á Presidencia da Xunta de Galicia que se celebrarán o vindeiro día 5 de abril.

A sesión desenvolveuse na terceira planta do edificio administrativo debido a que a especialidade de pintura industrial do Obradoiro de Emprego A Laracha V está a realizar unha intervención no Salón de Plenos da Casa Consistorial.