• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello establece medidas preventivas ante o coronavirus

11/03/2020

O Concello da Laracha estableceu unha serie de medidas preventivas ante a situación sanitaria provocada polo coronavirus.

Así, suspéndese a Feira de Paiosaco a partir deste domingo e ata próximo aviso.

Tralo anuncio do peche dos centros de ensino por parte da Xunta de Galicia, o Concello da Laracha tamén tomou a decisión de suspender a partir do luns (16 de marzo) a prestación dos servizos de axuda á conciliación Madrugadores  e o da aula lúdica municipal. Tamén se paralizan todas as actividades (tanto infantís como para adultos) do programa municipal cultural e deportivo e os Seráns de baile, as tardes de música e baile para as persoas maiores que tiñan lugar cada sábado.

Ademais, anúnciase o peche a partir do luns das bibliotecas municipais e dos locais sociais da terceira idade da Laracha, Paiosaco e Caión.

O acto de entrega dos premios do concurso A Laracha de Tapas, inicialmente previsto para mañá venres, queda aprazado sen data, do mesmo xeito que a exposición sobre a Illa de Guam que ía abrir mañá no centro sociocultural de Paiosaco.

O Concello da Laracha publicou bandos informativos para advertir destas medidas a cidadanía, á que se lle agradece a comprensión e se solicita a súa colaboración para evitar a propagación do virus.