• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello sumouse á celebración do Día mundial contra o cancro

05/02/2020

No Día mundial contra o cancro que se celebrou o 4 de febreiro o Concello da Laracha sumouse á iniciativa impulsada pola Asociación Española Contra el Cáncer denominada #LlámaloCÁNCER, que fai fincapé na importancia de falar sobre a enfermidade e que o medo que xera o diagnóstico non supoña que a palabra se volva un tabú.

Desde as 20:00 h a fachada da Casa Consistorial e o obelisco estiveron iluminados de verde para simbolizar o apoio do Concello á campaña, contribuíndo a concienciar sobre e cancro e dando unha mensaxe de ánimo tanto ás persoas que loitan cada día para superalo como ás súas familias.

A Xunta Local da Laracha da Asociación Española Contra el Cáncer realizou accións informativas durante a xornada.