Concello
En marcha os traballos de poda das árbores do recinto feiral de Paiosaco
10/01/2020
A empresa concesionaria do servizo de mantemento de zonas verdes iniciou, a instancias do Concello da Laracha, os traballos de poda das árbores situadas no campo da feira de Paiosaco, incluíndo a retirada e transporte das polas para a súa posterior eliminación.
Unha vez estean completados os traballos en Paiosaco, estes mesmos labores realizaranse en varios puntos da capital municipal como as prazas do Concello, Maximino Canedo e Silverio Moreda (a que alberga a igrexa parroquial), ademais de actuar nas árbores situadas na beirarrúa da Avenida Fisterra na entrada á Laracha desde Paiosaco. Tamén será obxecto desta campaña a área recreativa de Gabenlle e outras zonas do municipio, tanto nos núcleos urbanos como nas parroquias rurais, nas que se considere oportuno a realización das actuacións.
Deste xeito, ademais de comprobar que as árbores se atopan en bo estado, mellórase a estética nos puntos de actuación e, especialmente nas zonas urbanas, protexerase aos vehículos e aos viandantes de posibles desprendementos das polas. No caso do campo da feira de Paiosaco tamén se facilita o desenvolvemento da actividade comercial que alí se leva a cabo no primeiro e no terceiro domingo de cada mes.