Concello
As familias que desexen formar parte do programa “Ti tes a chave“ poden recoller o seu kit de voluntariado marrón na Laracha, Paiosaco e Caión
03/01/2020
O Concello da Laracha porá en funcionamento a quinta fracción de recollida selectiva de residuos sólidos urbanos –colector marrón de orgánicos- a mediados de xaneiro, despois das festas do Nadal.
Durante as últimas semanas desenvolvéronse campañas informativas baixo o lema Ti tes a chave, animando ás familias e empresas a sumarse a este iniciativa dirixida a reducir a cantidade de lixo que se xera nos núcleos urbanos e tamén na urbanización Monte Claro.
Aquelas persoas, familias ou empresas que desexen sumarse ao voluntariado marrón poden inscribirse de dous xeitos: a través deste Formulario online ou acudindo directamente aos puntos de recollida do kit que se lles fará entrega de xeito gratuíto e que está composto por un cubo de dez litros, bolsas compostables, unha chave coa que abrir o colector marrón e material informativo. Ditos puntos de recollida están operativos na Casa do Concello, edificio administrativo e centro social da Laracha, no centro sociocultural de Paiosaco e no centro social de Caión.
Coa axuda da Xunta de Galicia e da Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama), o Concello da Laracha implantará o colector marrón na Laracha, Paiosaco, Caión e a urbanización Monte Claro. Nos próximos días as familias voluntarias xa poderán baleirar os seus restos de comida nos cubos ventilados que se lles entregaron de xeito gratuíto para, a continuación, baixalos ao colector que estará na rúa. Soamente as familias que teñan a chave poderán usar este colector marrón. Por iso o Concello da Laracha segue buscamos familias concienciadas co medio ambiente e que desexen sumarse a esta iniciativa dirixida a reducir residuos, respectar o medio ambiente e coidar o planeta.
+info sobre o programa Ti tes a chave aquí.