• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concurso

Floristería Churima e Clickfer Carballido, primeiros premios dos concursos de escaparates

30/12/2019

A 24ª edición do concurso de escaparates de Nadal convocado polo Concello da Laracha xa ten gañadores. 

Neste ano houbo dous primeiros premios xa que, ademais dos habituais galardóns do xurado, incorporouse por primeira vez o concurso na páxina de Facebook no que os usuarios puideron votar directamente polos seus favoritos.

Así, os premiados en base ás valoracións do xurado –formado por representantes municipais e Concha Iglesias, presidenta da Asociación de Comercio, Servizos e Industria da Laracha (ACSIL)- foron:

  • 1º premio (300 euros): Floristería Churima (Avenida Fisterra, 111. A Laracha).
  • 2º premio (200 euros): Agrotusset (Avenida Bergantiños, 2 A. Paiosaco).
  • 3º premio (150 euros): Floristería Casbo (Avenida Bergantiños, 25. Paiosaco).
  • 4º premio (100 euros): Cultiagro (Avenida Fisterra, 101. A Laracha).
  • 5º premio (50 euros): Electrodomésticos Master Erve (Rúa Coruña, 8. A Laracha).

No concurso a través de facebook –que se abriu na tarde do xoves 26 de decembro e pechouse hoxe ás 14:00 horas- houbo preto de 2.000 reaccións no álbum coas fotos de todos os participantes. Os dous que obtiveron un maior número de votos positivos e, por tanto, resultaron premiados son:

  • 1º premio (100 euros): Clickfer Carballido (Avenida Fisterra, 99. A Laracha).
  • 2º premio (50 euros): Agrotusset (Avenida Bergantiños, 2A. Paiosaco).

Clickfer Carballido

Como cada ano o Concello da Laracha convocou este concurso cos obxectivos de estimular ás empresas e comerciantes do municipio para decorar os escaparates con motivos propios das datas do Nadal e que iso tamén sexa un aliciente para que os cidadáns aposten polo comercio local para facer as súas compras durante as festas.