• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concurso

A Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco logrou o primeiro premio do concurso de panxoliñas “María Angeriz Tuset”

30/12/2019

Nunha abarrotada Casa da Cultura da Laracha desenvolveuse no día de onte unha nova edición do concurso de panxoliñas “María Angeriz Tuset” que organiza cada ano o Concello no marco do programa municipal de Nadal.

Participaron oito asociacións culturais e coros parroquiais, cantando cada grupo participante dúas panxoliñas. En total repartíronse máis de dous mil euros en premios en catro categorías económicas segundo a valoración do xurado. Os galardóns foron os seguintes:

1ª categoría (300 euros):

  • 1º premio: Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco.
  • 2º premio: Coro infantil e xuvenil Santa María de Torás.
  • 3º premio: Asociación Cultural Arume de Caión.

2ª categoría (250 euros):

  • 1º premio: Coro de Vilaño.
  • 2º premio: Grupo Gargallada da Asociación Cultural Queiroga de Paiosaco.
  • 3º premio: Coro As Salseiras de Caión.

3ª categoría (200 euros):

  • 1º premio: Asociación Cultural Santa María de Torás.

4ª categoría (175 euros):

  • 1º premio: Grupo De Xolda da Asociación Cultural A Revoltaina.

O xurado do certame estivo formado por Suso Couto (membro da Asociación Musical da Laracha), María Goris (membro do Grupo Soundtrack), Pablo Cuadrado (vogalista da banda Ambigüo), Concha Iglesias (presidenta da asociación de comercio ACSIL) e Andrea Rodríguez (animadora cultural do Concello da Laracha).