• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concurso

Entregados os premios dos concursos de postais e contos de nadal

21/12/2019

José Manuel López Varela, e a concelleira de Cultura e Ensino, Patricia Bello, entregaron os premios dos concursos de postais e contos de Nadal convocados polo Concello da Laracha e no que foron convidados a participar os alumnos de educación infantil e primaria dos colexios do municipio.

O acto desenvolveuse na Casa da Cultura da Laracha. Os premiados, que recibiron xogos, libros e material educativo adaotados á súa idade, foron os seguintes:

Premiados no Concurso de Postais

Categoría A (educación infantil)

  • Aula de 4º do CEIP Alfredo Brañas.
  • Aulas de 5º e 6º do CEIP de Caión.
  • Aulas de 6º do CEIP Otero Pedrayo.

Categoría B (primeiro ciclo de educación primaria)

  • Izan Pérez (2ºB do CEIP Otero Pedrayo).
  • Thiago Soto (2ºB do CEIP Otero Pedrayo).
  • Eric Santalla (1º do CEIP Alfredo Brañas).

Categoría C (segundo ciclo de educación primaria)

  • Paula Cancelas (4º do CEIP de Caión).
  • Daniela Añón (4º do CEIP Alfredo Brañas).
  • Carla Santín (4º do CEIP Alfredo Brañas).

 

Premiados no Concurso de Contos (dirixido a estudantes do 3º ciclo de primaria)

  • Hugo Suárez (6º do CEIP Otero Pedrayo) por El ratón y el cerdito.
  • Lucía Rodríguez (6º do CEIP Alfredo Brañas) por A Laracha en Navidad.
  • Miguel Cancela (5º do CEIP Alfredo Brañas) por Papá Noel.