Concello
O Concello e a Xunta recollerán solicitudes para a destrución de patacas producidas en Caión e Lendo
12/12/2019
Despois da inclusión de Caión e Lendo como zonas demarcadas pola praga da couza guatemalteca da pataca, e tras realizarse charlas informativas en ambas parroquias a cargo de técnicos especializados da Consellería do Medio Rural, nos próximos días procederase á recollida dos datos dos produtores que soliciten á destrución dos tubérculos.
O Concello habilitará para tal fin a oficina de información turística de Caión (antiga casa reitoral) mañá venres de 9:30 a 14:00 horas.
Nese mesmo horario, realizarase o luns (16 de decembro) un acto idéntico en Lendo, no edificio municipal do polígono industrial.
Ademais, a próxima semana tamén se levarán a cabo charlas informativas nas parroquia declaradas como zona tampón para explicar aos cultivadores que significa iso e as accións que deben levar a cabo para evitar a extensión do insecto. Ditas charlas realizaranse en:
- A Laracha (Casa da Cultura): Martes 17 ás 20:30 horas.
- Lemaio (casa reitoral): Mércores 18 ás 19:00 horas.
- Cabovilaño (viveiro de empresas do polígono industrial): Mércores 18 ás 20:30 horas.