• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

30 familias e 33 empresas xa forman parte do proxecto “Ti tes a chave” para a implantación do colectar marrón

22/11/2019

Ao longo desta semana o Concello da Laracha realizou a presentación do proxecto Ti tes a chave para a implantación do colector marrón, a quinta fracción da recollida selectiva, con tres charlas informativas desenvolvidas na capital municipal, en Paiosaco e en Caión.

Nesta primeira fase informativa xa se sumaron á iniciativa trinta familias e trinta e cinco grandes produtores, isto é, empresas relacionadas coa restauración e grandes superficie de venda de alimentos.

Cada unha das familias recibiu o seu kit de voluntariado marrón, composto por un cubo de dez litros, bolsas compostables e unha chave coa que abrir o colector marrón que se colocará nas rúas a primeiros do ano 2020. Durante as próximas semanas farase entrega aos grandes produtores do material que mellor se adapte as necesidades de cada un deles.

As persoas ou familias que desexen darse de alta como voluntarias poden facelo na web do Concello ou ben acudindo aos puntos de entrega dos kits (Casa do Concello, edificio administrativo da Laracha, centro sociocultural de Paiosaco e centro social de Caión).

Coa axuda da Xunta de Galicia e de Sogama, o Concello implantará o colector marrón na Laracha, Paiosaco, Caión e a urbanización Monte Claro. A partir de primeiros de ano todas as familias voluntarias poderán baleirar os seus restos de comida nos caldeiros domiciliarios para, a continuación, baixar ao colector que estará na rúa. Soamente as familias que teñan a chave poderán usar este colector marrón. Por iso seguimos buscamos familias concienciadas co medio ambiente e que desexen sumarse a esta iniciativa dirixida a reducir residuos, respectar o medio ambiente e coidar o planeta.