• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

A Policía Local colabora coa Dirección General de Tráfico na campaña de prevención de atropelos

19/11/2019

A Policía Local da Laracha colabora coa Dirección General de Tráfico na campaña de prevención de atropelos que ten por obxectivo concienciar aos peóns sobre a importancia de facerse ver nas estradas e asegurarse de que son vistos polos usuarios de vehículos. 

A iniciativa consiste na entrega de chalecos reflectantes para camiñantes e peóns que poderán solicitarse nas dependencias da Policía Local (edificio administrativo da Laracha). A campaña céntrase principalmente nas persoas residentes en zonas rurais e nos maiores de 65 anos de idade pola maior posibilidade de que ese colectivo poida sufrir limitacións psicofísicas. 

A finalidade última desta campaña, que se realiza na época do ano que conta con menos horas de luz solar, é modificar hábitos de comportamento para crear condutas seguras que sirvan para reforzar a seguridade e diminuír os riscos de que se produzan atropelos.