• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

A 7ª xornada micolóxica “as setas da Laracha” celebrarase o sábado 2 de novembro

18/10/2019

O Concello organiza a séptima edición da xornada de iniciación á micoloxía As setas da Laracha que se celebrará o sábado día 2 de novembro. Do mesmo xeito que en anteriores ocasións, farase en colaboración cos expertos na materia Raquel Poncini e Pablo Cuadrado.

O evento principiará ás 10:30 horas coa concentración das persoas participantes na área recreativa de Gabenlle. A continuación realizarase unha saída guiada ao monte para proceder á recollida dos cogomelos. Ás 13:00 horas regresarase á área recreativa para realizar un obradoiro de identificación dos diferentes tipos de setas empregando os exemplares recollidos polas persoas participantes. A xornada finalizará cun menú degustación, qué é opcional, e terá un custe de 15 euros por persoa (7 euros para os menores de 12 anos de idade).

O prazo de inscrición na 7ª xornada micolóxica As setas da Laracha ábrese o luns. As persoas interesadas deben anotarse no Concello. A proposta vai dirixida a todos os públicos.