• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello renova a estrada e constrúe un tramo de beirarrúa en A Panela

13/10/2019

O Concello da Laracha está a rexistrar un progresivo aumento de poboación nos últimos anos e en determinadas zonas do termo municipal estanse a construír novas vivendas unifamiliares para uso residencial. 

Un deses núcleos é o de A Panela, na parroquia de Vilaño, onde o Concello vén de completar unha actuación valorada en 31.000 euros consistente na construción dunha beirarrúa de dous metros de anchura na marxe dereita da estrada que comunica os lugares de A Panela e A Botica. A actuación tamén incluíu o ancheamento da calzada, melloras na rede de sumidoiros e a canalización soterrada para o servizo de iluminación pública.

O alcalde, José Manuel López Varela, e o concelleiro de Urbanismo e Obras Públicas, Jesús Souto, comprobaron in situ o desenvolvemento das últimas actuacións, que foron executadas pola empresa Dámaso Ferreiro e Hijos.