Concello
Entregados os premios da 6ª edición de A Laracha de Tapas aos establecementos e aos consumidores
21/08/2019
Nun acto desenvolvido na Casa da Cultura da Laracha, o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, e a concelleira Rocío López entregaron os premios da sexta edición do concurso A Laracha de tapas.
O Concello repartiu 750 euros nas dúas categorías de premios aos doce establecementos participantes. Os gañadores foron:
- 1º premio do xurado profesional (300 €): Café Bar Nuevo Marchica (Faceira glasada ao romeu).
- 2º premio do xurado profesional (250 €): O Noso Café (Roliño de verán).
- Premio do xurado popular (200 €): Café Bar Aqua (Tosta terra e mar).
Cabe lembrar que os membros do xurado profesional foron os bloggers gastronómicos José Antonio Domínguez (www.rutasyrestaurantes.com), Antonio Doce (www.eloctopuslarpeiro.com) e Rubén López Urdí (www.caminantedelplaneta.com).
O xurado popular formárono todos os clientes que depositaran os seus votos nas urnas habilitadas para tal fin nos locais participantes. En total foron rexistrados 1.165 votos válidos e entre todos eles foron sorteados 69 agasallos cedidos polos propios establecementos participantes e as empresas colaboradoras (Estrella Galicia, Bodegas Carballo, Almacenes Cancela, Prolimbe e Fernández e Carro).
Durante o outono o Concello da Laracha ten previsto organizar as rutas de tapas nas vilas de Paiosaco e de Caión.