• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

A CAMPAÑA DE PODA DAS ÁRBORES CHEGA Á AVENIDA DE CAIÓN NA LARACHA

07/12/2015

Nos próximos días concluirase a campaña de poda das árbores situadas ao longo da estrada CP-1913 ao seu paso polo Concello da Laracha.   

Despois de completarse as actuacións desde na Avenida Doutor López Astray ata a ponte dos Muíños, xa na parroquia de Coiro, hoxe os operarios comezaron a actuar na Avenida de Caión, isto é, no tramo da CP-1913 que vai desde a Praza do Concello ata a estrada de Lendo.   

Os traballos estanse desenvolvendo na época do ano propia da poda destas árbores, que son plataneiros (platanaceae) e que gran parte deles –os situados no casco urbano da Laracha-están protexidos polo Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). As actuacións inclúense no marco do Plan de Conservación e Mantemento de Vías Públicas Provinciais da Deputación da Coruña e consisten no recorte, triturado e transporte das ramas, así como a recollida das follas.   

En total están a ser obxecto da actuación 250 árbores, das cales soamente restan por acondicionar as 66 situadas na Avenida de Caión.   

O obxectivo é protexer aos vehículos e aos viandantes de posibles desprendementos das polas, ademais de mellorar a estética nas rúas e manter nun estado óptimo os plataneiros.

Compartir: