• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello da Laracha crea o primeiro parque infantil da parroquia de Lemaio

09/07/2019

A parroquia de Lemaio xa conta co seu primeiro parque infantil creado polo Concello da Laracha no interior da praza pública próxima á igrexa de Santa Mariña.

Hoxe o alcalde, José Manuel López Varela, e os concelleiros Jesús Souto e Patricia Bello comprobaron persoalmente o resultado dos traballos executados nos últimos días.

Os xogos instalados son columpios e caseta con tobogán. As súas estruturas de madeira, así como o tipo de pavimento que permite o crecemento da herba, facilitarán a integración do parque infantil no entorno no que se sitúa.

Con esta actuación, que o Concello da Laracha financia integramente con fondos propios municipais, ofrécese un novo servizo para uso e disfrute da veciñanza de Lemaio, parroquia que nos últimos anos rexistrou un incremento no número de familias con nenos.

Con este parque infantil xa son un total de 19 os existentes no termo municipal.