• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

REMATAN AS OBRAS DE AMPLIACIÓN E MELLORA DA ESTRADA NO NÚCLEO DE A BAIUCA

15/12/2015

O proxecto de ampliación da anchura, renovación da capa de rodadura e reforzamento da seguridade viaria na estrada da parroquia de Montemaior que comunica a vía provincial DP-2404 (A Laracha-A Silva) co núcleo de A Baiuca concluiranse nos próximos días, unha vez estean completada a última fase das obras, consistente na pavimentación con aglomerado asfáltico da citada estrada e a posterior sinalización horizontal e vertical.   

O ámbito de actuación é un tramo duns catrocentos metros de lonxitude que pasan a ter unha anchura de sete metros, dous metros e medio máis dos que contaba anteriormente. Para iso foi preciso realizar as correspondentes tarefas de desmonte e o traslado dos postes do tendido eléctrico e de telefonía.   

Ademais realizáronse a consolidación da ponte sobre o río Viso, melloras na rede de canalización de augas pluviais, saneado e rasanteado da vía, acondicionamentos de arcéns, consolidación de taludes, adaptación de accesos ás vivendas e, en determinados puntos, retranqueos e substitución de peches de fincas para adecualos aos novos lindeiros   

O investimento total supera os 50.000 euros a financiar integramente con fondos propios municipais.   

O alcalde, José Manuel López Varela, e o edil responsable da área de obras públicas, Jesús Souto, visitaron o lugar das obras e coñeceron in situ o resultado das actuacións.   

A estrada que se está a ampliar é unha das principais vías de comunicacións de Montemaior ao dar acceso cara a zona sur da parroquia, onde se sitúan núcleos de poboación da importancia, por exemplo, de Santa Margarida.

Compartir: