• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O alcalde recolle de mans do presidente da Xunta de Galicia a bandeira azul que ondeará no verán na praia de Caión

24/06/2019

O alcalde do Concello da Laracha, José Manuel López Varela, e o tenente alcalde, José Ramón Martínez Barbeito, recolleron hoxe de mans do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, a bandeira azul que lucirá na praia de Caión neste verán, así como o distintivo de sendeiro azul ao sendeiro de Saldoiro (tamén en Caión) e o de centro azul de educación ambiental ao Centro de Interpretación dos Muíños de Auga da Costa da Morte (Golmar).

O acto celebrouse na praia de Montalvo do Concello de Sanxenxo.