• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

José Manuel López Varela, investido como alcalde do Concello da Laracha

15/06/2019

José Manuel López Varela foi investido hoxe Alcalde do Concello da Laracha recibindo o bastón de mando por sexta vez consecutiva tras ser escollido na votación por 11 dos 17 concelleiros da nova Corporación, que tomaran previamente posesión dos seus cargos. 

A mesa da idade estivo presidida por Ramiro Bello e Pablo Cambón exerceu como secretario.

A Corporación Municipal da Laracha estará formada no mandato 2019-2023 polos seguintes edís, que na sesión xuraron ou prometeron a súa acta de concelleiros:

 

Partido Popular (PP):

  • José Manuel López Varela.
  • José Ramón Martínez Barbeito.
  • Patricia Bello Canedo.
  • María del Rocío López Rey.
  • Jesús Souto Pena.
  • Ramiro Bello Recouso.
  • Alberto Blanco Veiga.
  • Begoña Domínguez Patiño.
  • Cristina Vieites Calvo.
  • Adelina Liste Monelos.
  • Pablo Cambón Bértoa.

Partido dos Socialistas de Galicia-PSOE (PSdeG-PSOE):

  • María Palomi Rodríguez Castiñeiras.
  • Alba Dolores Toba Ferreiro.
  • José Martínez Ageitos.
  • María Pilar Neira Martínez.

Bloque Nacionalista Galego (BNG):

  • Xoán Manoel Sande Muñiz.
  • Carolina Castiñeiras Brandón.

 

Podes consultar aquí a intervención de José Manuel López Varela trala súa investidura como alcalde.