• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

A Laracha acollerá nesta fin de semana a final a catro da Copa Primavera en categoría sénior masculina

13/06/2019

A final a catro da Copa Primavera de baloncesto en categoría sénior masculina celebrarase nesta fin de semana no pavillón do IES Agra de Leborís. Hoxe o evento foi presentado no Concello polo alcalde, José Manuel López Varela, a concelleira de Deportes, Patricia Bello, e, en representación do club organizador, o C.B. Laracha, tres dos seus directivos, Velo, Sito e Lolo.

A final da Copa Primavera porá o punto e final á temporada 2018-2019 para os equipos das zonas da Coruña e de Ferrol que militaron na terceira división masculina. Os catro conxuntos clasificados para a fase final superaron previamente unha liguiña grupos na que participaron un total de trece equipos.

Así, o sábado na primeira semifinal mediranse a partir das 16:00 horas o Fucobet de Betanzos e o Maristas da Coruña. Ás 18:00 horas está previsto o inicio da segunda semifinal, que enfrontará ao club local, o C.B. Laracha M3, co Moneyball La Flor, tamén da Coruña.

A gran final entre os dous equipos gañadores o sábado disputarase o domingo a partir das 17:00 horas.

A entrada para o público será libre e gratuíta tanto na xornada do sábado como na do domingo.