COMEZOU O OBRADOIRO DE RISOTERAPIA QUE ORGANIZAN O CONCELLO E AFABER
15/12/2015
O 10 de decembro desenvolveuse no baixo da biblioteca municipal da Laracha a primeira das catro sesións que compoñen o Obradoiro de Risoterapia que organizan o Concello da Laracha e a Asociación de Familiares de Alzhéimer de Bergantiños. Participaron unha quincena de persoas.
A iniciativa vai dirixida a todos os públicos e ten por finalidade axudar aos participantes a eliminar estrés, tensións e ansiedade, polo que o obradoiro está especialmente indicado para coidadores de persoas dependentes.
A metodoloxía é plenamente participativa, centrándose nos xogos, relaxación, músicas, danzas, bailes e emprego de recursos expresivos do corpo como medios para liberar a risa.
As tres sesións realizaranse os días 16, 17 e 21 de decembro de 10:30 a 11:30 horas.
As persoas que desexen participar aínda poden anotarse de xeito gratuíto dirixíndose ao Concello da Laracha ou poñéndose en contacto con Afaber.