• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello mellora tres estradas municipais na parroquia de Golmar

04/06/2019

O Concello da Laracha vén de completar un amplo proxecto de mellora da rede viaria na parroquia de Golmar. 

As últimas actuacións realizadas foron a mellora de dúas estradas no núcleo de Fragoso. Previamente xa se acometera unha actuación de similares características na vía de tres quilómetros de distancia que comunica O Regueiro con Os Bidueiros, xa na parroquia de Soutullo.

Con estas actuacións o Concello da Laracha reforza a seguridade viaria e facilita a circulación dos vehículos nesta zona rural.