Concello
Formalizado o contrato do servizo de limpeza dos edificios e instalacións municipais
28/05/2019
José Manuel López Varela, alcalde do Concello da Laracha, e representantes da empresa Limpiezas y Servicios Xalo formalizaron hoxe o contrato do servizo de limpeza de edificios e instalacións municipais que inclúe a Casa do Concello, edificio administrativo, Casa da Cultura, bibliotecas da Laracha centro sociocultural de Paiosaco, centro sociocultural da Insua, consultorio médico de Caión, pavillóns polideportivos de Xermaña e do IES Agra de Leborís, campo de fútbol A Porta Santa, centro municipal de emerxencias no parque empresarial e o Centro Comunitario de Caión.
Ademais, nos próximos días tamén será formalizado con outra empresa adxudicataria os servizos tanto de limpeza como de conserxería dos tres centros de educación infantil e primaria máis importantes do Concello (Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e CEIP de Caión) e a limpeza da escola unitaria de Cumiáns (Montemaior) e da escola infantil da Laracha.
Ambos contratos foran sacados a licitación –procedemento ao que concorreron doce empresas- por un importe conxunto próximo aos 317.000 euros anuais. A duración dos mesmos será por dous anos prorrogables por un máximo doutros dous anos máis.