• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

700 persoas participaron na Festa-Homenaxe aos nosos maiores

18/05/2019

O pavillón do IES Agra de Leborís acolleu unha nova edición da Festa Homenaxe aos nosos maiores, o evento que o Concello da Laracha organiza todos os anos no marco do programa municipal das Letras Galegas.

A Festa-Homenaxe comezou cunha misa oficiada polos párrocos D. Manuel Boullón (Torás), D. Manuel Mallo (Soandres) e D. Jacinto Collazo (Lestón).

A continuación serviuse o xantar e a xornada rematou cun baile.

O alcalde, José Manuel López Varela, e a concelleira Rocío López agasallaron en nome da Corporación municipal á muller e ao home de maior idade de entre as 700 persoas presentes na Festa Homenaxe, que son:

- Jesusa Castiñeiras, de Paiosaco. 103 anos.

- José María Casás, de A Ferradura (Soandres). 93 anos.