• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)

O CONCELLO ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN Á FEIRA DE VILANOVA DA CERVEIRA PARA A TERCEIRA IDADE

24/05/2016

O Concello da Laracha organizará unha excursión á feira da localidade portuguesa de Vilanova da Cerveira que se vai realizar o sábado día 18 de xuño. Convídase a participar a todos os veciños que estean empadroados no municipio e que sexan maiores de 65 anos de idade, xubilados ou pensionistas.   

O obxectivo desta iniciativa é ofrecer ao colectivo da terceira idade unha nova proposta lúdica, recreativa e cultural dirixida a optimizar o seu tempo de lecer e a tecer relacións sociais entre os asistentes.   

O Concello da Laracha asumirá integramente o gasto do transporte e cada asistente deberá achegar unicamente o custe do xantar, que será nun restaurante de Valença no que se degustarán produtos típicos portugueses.   

Todas as persoas que cumpran as condicións requiridas e desexen participar nesta excursión deben anotarse previamente nos centros sociais da Laracha (edificio de servizos múltiples), Paiosaco (centro sociocultural) e Caión (antiga reitoral). O prazo de inscrición pecharase o día 10 de xuño.

Compartir: