Concello
O Noso Café, Café Bar Guadalupe e Manhattan Skyline, locais premiados na 5ª edición de A Laracha de Tapas
11/03/2019
A quinta edición do concurso A Laracha de tapas, desenvolvida do venres ao domingo baixo a organización do Concello, volveu ser un rotundo éxito de participación. Durante esas tres xornadas doce locais ofreceron elaboracións orixinais e de calidade ao prezo de 1,50 euros, que foron altamente valoradas polo público consumidor.
O xurado profesional do concurso estivo composto polos bloggers gastronómicos José Antonio Domínguez (www.rutasyrestaurantes.com), María Pérez Patiño (www.desayunacoruña.com) e Juan Carlos Alonso (www.gastronomiaenverso.es), que acordaron por unanimidade outorgar o primeiro premio –dotado con 300 euros- á Fajita O Noso do establecemento O Noso Café e o segundo premio -250 euros- ao Bocado Celta que propuxo o Café Bar Guadalupe.
En canto ao xurado popular, tras contabilizarse os 1.120 votos válidos recibidos por parte de consumidores que probaran canda menos tres tapas diferentes –para votar requírese o selo de tres establecementos-, a tapa mellor valorada foi a tosta de gulas con gambas e champiñóns de Manhattan Skyline. Neste caso o premio é de 200 euros.
Todas as persoas que emitiron o seu voto participaron no sorteo dos cincuenta regalos doados polos establecementos participantes e as empresas colaboradoras, que poden consultarse ao final desta nova. O acto de entrega dos premios aos locais e tamén dos agasallos aos consumidores que votaron terá lugar o próximo venres (15 de marzo) ás 20:00 horas na Casa da Cultura da Laracha.
Desde o Concello da Laracha mostramos a nosa satisfacción por alcanzar a quinta edición de A Laracha de tapas e consolidar este concurso como unha excelente oportunidade para dar un impulso ao sector comercial local e crear un escaparate para que os locais de hostalería da capital municipal poidan darse a coñecer e mostrar ao público a calidade tanto das súas creacións como do servizo que ofertan durante todo o ano.
GAÑADORES DO SORTEO DE AGASALLOS A CONSUMIDORES
Televisor 43` doado polos establecementos participantes
1.- Lorena Lorenzo López
12 Lotes Magnum Rioja Bordón e Traslacuestas doados por Bodegas Carballo
2.- Juan Ríos Silvosa
3.-Marta Andrade Fraga
4.- Manuel José Casais Regueiro
5.- Mariano Viña mancebo
6.- Jesús Vázquez Cancela
7.- Laura Loureiro Cristóbal
8.- Sergio García Rojo
9.- Adelina García Aldao
10.- Rosa Echave Varela
11.- Isabel Trigo García
12.- Teresa Varela Castro
3 Lotes de 2 botellas de Condes de Albarei doados por Bodegas Carballo
13.- Julia López Tuset
14.- Rosario Souto Fernández
15.- Jesús Rama Rey
7 Lotes de Magnum follas Novas e García de Olano, doados por Almacenes Cancela
16.- Albino Muñíz cotelo
17.- Aurora Mª Arijón García
18.- Soraya García Cotelo
19.- Vilma García Vieitez
20.- Amparo Castro Varela
21.- Evelyn Baldomir Dobarro
22.- José Ramón Costa Varela
8 Estoxos de 2 botellas de viño doados por Disjovi
23.- Silvia Franco Añón
24.- Javier Fuentes Vilanova
25.- Silvia Fraga Varela
26.- Alicia Loureiro García
27.- Mª José Loureiro Montes
28.- Sandra García Lombardía
29.- Patricia Fraga Martínez
30.- Marisol Suárez Balbís
1 botella Alma Atlántica e 1 botella de Puerto de Indias, doados por Manhattan Skyline
31.- Federico Jiménez Tajuelo
32.- Raquel Carramal
2 Magnum Ontañón e 1 botellas Casal Caeiro, doado por Café Bar Sara
33.- Sandra García López
34.- Ilenia Esmorís Fuentes
35.- Dolores Felípez Mateos
2 botellas Augardente (Licor café e Tostada) e 1 caixa Estrella Galicia de Importación, doados por Café Bar Mariño
36.- Esther Loureiro Sande
37.- Mª José Ortega Olarietta
1 botella Rioja Remelluri reserva 2204 e 1 botella Itsas Mendi 7, doado por Cervexaría O Trasno
38.- Jairo Manuel Pena Casás
39.- José Manuel Rodríguez Fernández
1 Magnum Carlos R, doado por Ambigú
40.- Josefa Regueira López
2 Caixas de Cerveza de Importación, doadas por Café Bar Guadalupe
41.- Maikel Ferreira Ramos
42.- José Luis Iglesias Ares
1 estoxo Cerveza Mahou envellecida e 1 Xamón curado, doado por Café Bar Esmorís
43.- Sonia García
44.- Mª Yoana López del Valle
2 Estoxos de viño, doados por Café Bar Sandra
45.- María Barreiro Blanco
46.- José Manuel Rodríguez
1 botella Larios Rose, doado por O’Noso Café
47.- Roberto Mallón Esteiro
1 noite para 2 persoas nunha suite en réxime de aloxamento e almorzó no Hotel ABC, doado por Hotel Restaurante ABC
48.- Raquel Poncini López
2 Vales de compra, doados por Prolimbe
49.- Carlos Rodríguez Caamaño
50.- Pablo Regueira Conde