• Praza do Concello, s/n 15145 A Laracha (A Coruña)
Concello

O Concello presenta o programa de Entroido, que inclúe actividades para todos os públicos

08/02/2019

O Concello da Laracha presenta o programa municipal de actividades que organiza con motivo da celebración das Festas do Entroido e que se desenvolverá do domingo 3 ao mércores 6 de marzo. As propostas van dirixidas a todos os públicos, sendo os nenos os principais protagonistas dos eventos do domingo, luns e mércores, e o público en xeral o encargado de amenizar o tradicional concurso de disfraces do martes de Entroido, data establecida como festivo local no Concello da Laracha.

Así, o domingo 3 de marzo iniciarase o programa no pavillón polideportivo do IES Agra de Leborís co baile da disfraces. A xornada comezará ás 18:00 horas e estará amenizada pola Orquesta Aramio. Ademais de disfrutar da música, da festa e do bailes, haberá xogos infantís e reparto de larpeiradas para todos os asistentes.

Aproveitando as xornadas festivas nos centros de ensino, o luns a partir das 12:00 horas haberá na Casa da Cultura o espectáculo de maxia Kandor a cargo de Chrystyan Magic.

O evento central do programa de Entroido será o do Martes 5 (festivo local na Laracha). Ás 17:00 horas principiará na Praza do Concello a verbena amenizada pola Orquesta Trébol. No descanso, a partir das 18:30 horas, celebrarase o tradicional concurso de disfraces, un certame dirixido a todos os públicos no que se repartirán máis de 3.000 euros en premios. 

As categorías de galardóns establecidas son as seguintes:

  • Individual infantil (ata 12 anos).
  • Individual adulto (a partir de 13 anos).
  • Parellas infantil (ata 12 anos).
  • Parellas adulto (a partir de13 anos).
  • Grupos (de 3 a 8 compoñentes).
  • Comparsas (máis de oito compoñentes).

 

En todas as categorías haberá tres premios. Nas individuais a contía será de 60, 50 e 40 euros. Nas parellas, 70, 60 e 50 euros. Os grupos optarán a 250, 200 e 150 euros. E as comparsas mellora valoradas polo xurado levarán premios económicos de 600, 500 e 400 euros, ademais de accésits de 100 euros (máximo de dez) ao resto das comparsas participantes.

As persoas, parellas, grupos e comparsas que desexen participar no Concurso de Disfraces do Martes de Entroido deben inscribirse no Concello da Laracha entre o 25 de febreiro e o 4 de marzo.  Tamén poderán anotarse o propio día do evento na Casa do Concello en horario de 16:00 a 17:00 horas.

O programa de Entroido pecharase o mércores a partir das 17:00 horas no pavillón do IES Agra de Leborís co espectáculo de animación O enterro da sardiña.