Concello
Entregados os premios dos concursos de postais e contos de Nadal
21/12/2018
Esta tarde celebrouse na Casa da Cultura o acto de entrega –por parte do alcalde, José Manuel López Varela, da concelleira de Educación, Patricia Bello, e do edil Jesús Souto- dos regalos aos quince premiados nos concursos de postais e contos de Nadal convocados polo Concello da Laracha e nos que se convidou a participar a alumnos dos colexios de infantil e primaria do municipio.
Presentáranse en total máis de catrocentos traballos. O xurado estivo formado por persoal técnico municipal e representantes dos CEIP Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e Caión, que acordaron outorgar os seguintes premios.
Premiados no Concurso de Postais
Categoría A (educación infantil)
- Educación infantil do CEIP de Caión.
- Educación infantil da EEI de Cumiáns (Montemaior).
- Aula de 4º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco.
- Aula de 5º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco.
- Aula de 6º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco.
- Aulas de 6º (A, B e C) do CEIP Otero Pedrayo da Laracha.
Categoría B (primeiro ciclo de educación primaria)
- Martiño Fontenla (2ºB do CEIP Otero Pedrayo da Laracha).
- Rut Olmo (2º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco).
- Osama Lemsahri (2º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco).
Categoría C (segundo ciclo de educación primaria)
- Salma García (4ºA do CEIP Otero Pedrayo da Laracha).
- Lucía Regueira (4º do CEIP Alfredo Brañas de Paiosaco).
- Simón Recarey (4º do CEIP de Caión).
Premiados no Concurso de Contos (dirixido a estudantes do 3º ciclo de primaria)
- Sofía Castro (5ºA do CEIP Otero Pedrayo da Laracha) por El lápiz mágico.
- Berta Iglesias (5º do CEIP Alfredo Brañas) por Un Nadal de soños e hologramas.
- Lara Ferro (5ºB do CEIP Otero Pedrayo da Laracha) por Laura e o Nadal.